Los otros días


É a historia dun director de orquestra que a causa da doenza de Parkinson non pode continuar o labor ao que adicou toda a súa vida e regresa á súa terra para terminar de envellecer. A música foi o pilar fundamental da súa existencia e nin a súa condición de crego nin o seu vinculamento á masonería puideron pospoñer esta primeira vocación.

Desde este retiro en que se perde e recobra a verdadeira dimensión dos outros días, o protagonista ábrese a un espazo de extrema sensibilidade ante o exterior e o interior e refai a súa relación co recordo, coa beleza, coa luz, coa chuvia, coas pequenas cousas.

Modulado polo embruxo poético que envolve o texto e a suave ironía que empapa cada parágrafo, los otros días é unha serena reflexión sobre a arte, o gozo de vivir e a relación do home coas realidades transcendentes, que acada, desde o seu ritmo sincopado, a magnificencia dunha cantata barroca e, desde o lirismo das súas evocacións, a espida beleza dun nocturno romántico.



Novela
Contubernio Catro do Tomé S
Come e bebe que o barco é do amo
Breixo
Memoria de Noa
Xa vai o Grifón no vento
Los otros días
Sempre me matan
O fácil que é matar
Azul Cobalto. Historia posible do Marqués de Sargadelos
Memoria de soldado
Romasanta. Memoria incerta do home-lobo
Lukumí

Contos e relatos Ensaio
Audiovisual Teatro
Poesía Xornalismo
Libros arte Traducións Obra colectiva