Lukumi

Na súa nova novela, co título de Lukumí, Alfredo Conde narra a colonización de Cuba, o devalo da revolución e a esperanza fanada da utopía internacionalista. Editorial Galaxia publica esta nova achega do escritor galego, centrada na historia do mulato Estevo, marcado por dúas culturas, a do seu pai galego e a da súa nai, descendente de escravos africanos.

En Lukumí, Alfredo Conde deixa que sexa o protagonista da novela quen conte a historia da familia da súa nai, bailarina do famoso cabaret Tropicana, e mais da súa avoa materna, orgullosa de descender de escravos lukumís, unha xinea africana cuxos membros preferiron suicidarse antes que seguir en escravitude. A novela tamén vai descubrindo progresivamente a historia da outra familia do mulato Estevo, fillo dun galego chegado a Cuba para colaborar na creación da nova sociedade comunista, tarefa da que axiña se decepciona.

As ilusións frustradas acaban por moldear o destino de Estevo, que, cunha voz descrida e escéptica, vai narrando, a través da historia familiar e da súa propia experiencia, a colonización de Cuba, o devalo da revolución e a esperanza frustrada da utopía internacionalista. Cunha prosa fluída, que habelenciosamente encadea feitos, anécdota e digresión, a novela sitúanos ante o último e, se cadra, definitivo desengano: as miserias do capitalismo.


Novela
Contubernio Catro do Tomé S
Come e bebe que o barco é do amo
Breixo
Memoria de Noa
Xa vai o Grifón no vento
Los otros días
Sempre me matan
O fácil que é matar
Azul Cobalto. Historia posible do Marqués de Sargadelos
Memoria de soldado
Romasanta. Memoria incerta do home-lobo
Lukumí

Contos e relatos Ensaio
Audiovisual Teatro
Poesía Xornalismo
Libros arte Traducións Obra colectiva