A infancia dun neno nacido nunha vila galega,
fortemente marcado pola presenza dunha figura humana, o seu avó, e un espacio máxico,
a casa onde aquel vive. Esta obra é un sumatorio de relatos na que o resto das esceas
provén da vila mesma, evocada tanto nos seus momentos alegres, incluso pintorescos coma
nos máis dramáticos, centrados nun episodio relacionado coa guerra civil española.