Sempre me matan


Primeira entrega da Triloxía de América.

A travesía é, na obra de AC, unha constante. A viaxe é moito máis ca un recurso, é unha dependencia de quen se ten adicado profesionalmente ao mar. Blas Carou, o protagonista desta novela, o emigrante rico e influínte que pretende investir en Galicia; é un viaxeiro, un transitario de mundos percorridos. Ourense, o mar, Caracas, Santiago, leitos, escalas -mesmo políticas- con rotas de ires e voltares. Mergúllase, AC, nas fonduras desta sociedade construídas con pedras de papel e coa avariza como moeda de cambio, coa falsidade das promesas nunca cumpridas.

Esta novela desacougante, derruba castelos que semellaban ser de lama. A obra é tamén un relatorio detallado da xeración que abandonou a poesía para ocuparse do poder. A crónica sen piedade desa xente toda que anda agora o camino de retorno a unha estación que xa non existe.



Novela
Contubernio Catro do Tomé S
Come e bebe que o barco é do amo
Breixo
Memoria de Noa
Xa vai o Grifón no vento
Los otros días
Sempre me matan
O fácil que é matar
Azul Cobalto. Historia posible do Marqués de Sargadelos
Memoria de soldado
Romasanta. Memoria incerta do home-lobo
Lukumí

Contos e relatos Ensaio
Audiovisual Teatro
Poesía Xornalismo
Libros arte Traducións Obra colectiva