Azul Cobalto. Historia posible do Marqués de Sargadelos


En Azul Cobalto, AC non se limita a reconstruír de modo fidedigno a época e a biografía do personaxe público -do que, por outra banda, pouco hai- senón que nos mostra tamén as desilusións, os amores e a loita contra un medio hostil dun personaxe singular que nunca se deu por vencido.

Antonio Raymundo Ybañez, marqués de Sargadelos, marcou un fito na historia do noso país, foi un dos primeiros e máis tenaces introdutores do enciclopedismo e dos avances tecnolóxicos. O marqués puxo en pé unha fabrica modélica, a contracorrente dos poderes políticos e relixiosos da España de principios do século XIX. O seu heroísmo reside sobre todo no seu empeño por modernizar unha sociedade tradicionalmente atrasada e ancorada no século anterior. Esta novela permite facer un percorrido histórico e ambiental pola Ilustración Española.


Novela
Contubernio Catro do Tomé S
Come e bebe que o barco é do amo
Breixo
Memoria de Noa
Xa vai o Grifón no vento
Los otros días
Sempre me matan
O fácil que é matar
Azul Cobalto. Historia posible do Marqués de Sargadelos
Memoria de soldado
Romasanta. Memoria incerta do home-lobo
Lukumí

Contos e relatos Ensaio
Audiovisual Teatro
Poesía Xornalismo
Libros arte Traducións Obra colectiva