Contubernio Catro do Tomé S




Velaquí a primeira novela na andaina literaria de Alfredo Conde. Unha obra que, malia ser das primeiras do autor, contén xa as virtudes e máis o pulo narrativo de quen é hoxe un dos maiores escritores na lingua galega.

En Lixouriz, aldea do concello de Sanuxio, hai problemas: o vello cemiterio está cheo a estoupar e especúlase coa terra, cos nichos. Tras o acordo acadado polos veciños para a ampliación do mesmo, o alcalde decontado prohibe todos os enterramentos. E, agora hai un cadáver á espera de recibir a terra, a súa terra. Polo tanto, ten problemas Tomé Salgado, o cura párroco de Lixouriz, e tenos así mesmo o pobo enteiro. Este problema convírtese en catalizador doutros e, por unha vez, os intereses de todos converxerán nun mesmo punto. Nace así. un contubernio.



Novela
Contubernio Catro do Tomé S
Come e bebe que o barco é do amo
Breixo
Memoria de Noa
Xa vai o Grifón no vento
Los otros días
Sempre me matan
O fácil que é matar
Azul Cobalto. Historia posible do Marqués de Sargadelos
Memoria de soldado
Romasanta. Memoria incerta do home-lobo
Lukumí

Contos e relatos Ensaio
Audiovisual Teatro
Poesía Xornalismo
Libros arte Traducións Obra colectiva